Saltar ao contido

Manuel Bujados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Bujados
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xuño de 1954 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Bell Ville, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, ilustración e literatura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, ilustrador, debuxante, poeta Editar o valor en Wikidata

BNE: XX954874 BUSC: bujados-manuel-1889-1954

Arcadio Manuel Bujados Fernández, nado en Viveiro o 12 de xaneiro de 1889 e finado en Bell Ville, Provincia de Córdoba, Arxentina, o 21 de xuño de 1954, foi un pintor e debuxante galego marcado polo simbolismo francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou en ilustración de libros, e algunhas cubertas para El año artístico (1915-22) e colaborou nas revistas La Esfera, Blanco y Negro, Nuevo Mundo, Tribuna, Arte Musical[1] ou a sevillana Bética. Ilustrou portadas de libros, de autores como José Francés, Concha Espina ou Manuel Machado.

Tamén colaborou en Céltiga e participou nas exposicións de artistas galegos, aínda que viviu entre Madrid, París e a Arxentina. Sábese da súa amizade con Máximo Ramos, Francisco Asorey, Federico Ribas, Amando Suárez Couto e o pintor Juan Luis.

  1. Arte Musical, Ano IV, núm. 77, Madrid, 1918, portada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]